luns, 10 de decembro de 2018
Concurso fotográfico: "Reciclaxe"
Este ano o concurso de fotografía do centro o dedicamos ó tema de reciclaxe. Reciclar e otra forma de manter a vida saudable individual e do planeta.
luns, 15 de outubro de 2018
Almorzos no novo curso 2018-2019
Comezamos un novo curso coa mente posta de novo nos almorzos saudables. A nosa intención e involucrar ao novo alumnado neste tipo de hábitos e consolidar os hábitos nos alumnos e alumnas que xa participaron no curso anterior nesta actividade.
Almorzar ben segue a ser unha das materias pendentes na nosa dieta. Segundo un estudo recente, case o 70 por cento dos galegos dedica menos dun cuarto de hora ao almorzo. Desta porcentaxe, moitos toman zumes envasados e galletas por comodidade.
Un almorzo variado a base de lácteos, froitas enteiras e proteínas é, segundo os endocrinólogos, o máis recomendable. O almorzo ten que ser unha das principais comidas da nosa dieta, polo que non hai que abusar do consumo excesivo de lácteos, graxas saturadas e azucre.
Así pois, os luns, no primeiro recreo, preparamos por grupos almorzos saudables: zume de laranxa e pan con aceite de oliva, acompañados con dous tipos de froitas de temporada.
Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.
martes, 5 de xuño de 2018
Taller "Ponlle as pilas ao teu bocata"
Este luns, 4 de xuño de 2018, tivemos un taller sobre bocatas saudables, dentro da campaña promovida pola Consellería do Mar "Ponlle as pilas ao teu bocata", no que aprendimos a facer bocatas equilibrados con especies mariñas en conserva, vexetais, lácteos, etc.
![]() |
| Asistiron os alumnas e alumnas de toda a ESO e prepararon os seus propios bocatas con atún, queixo de Arzúa, tomate, etc. |
luns, 23 de abril de 2018
Exemplo de almorzo saudable
-Un vaso de leite semidesnatado -
Unha rebanda de pavo
-Unha rebanda de queixo tenro - Unha rebanda de pan de
molde
• Un vaso de
leite semidesnatado: (por 100g)
Enerxía (Kcal) – 47,60 Colesterol (mg) – 6,30
Proteínas (g) - 3,50
Auga (g) - 90,10
Hidratos de carbono (g) – 4,80 Calcio (mg) – 125
Graxa total (g) -
1,60
Iodo (mg) – 8,60
Sodio (mg) – 47 Magnesio (mg) - 11,90
Fósforo (mg) – 17
Potasio
(mg) – 155
Carotenoides (µg) – 7,80 Ácido
fólico (µg) – 2,70
• Unha rebanda de
pavo:(10g por rebanda)
Calorías - 8kcal
Graxa – 0,08 g
Carbohidratos – 0,13 g
Proteínas – 1,79 g
• Unha rebanda de
queixo tenro: (20g por rebanda)
Enerxía (Kcal) – 65,40 Calcio (mg) – 129,40
Proteínas (g) – 5,03 Ferro (mg) - 0,18
Hidratos de carbono (g) – 0,44 Iodo
(mg) – 0,98
Graxa total (g) – 4,84 Magnesio (mg) – 6,02
Colesterol (mg) – 16,98 Potasio (mg) – 25,60
Auga (g) – 8,44 Sodio (mg) – 160
• Unha rebanda de
pan de molde: (por 40g)
Calorías (Kcal) – 72 Azucre (g) – 0,5 Sodio (mg) – 146 Fibra(g) – 0,8
Proteínas (g) – 2,7 Graxa (g) – 0,8 Carbohidratos (g) – 13,2
Inés Fontao Pena e Paula Dorribo Cabarcos, 2ºESO, HVS
domingo, 18 de marzo de 2018
Almorzos saudables en Marzo
Aproveitando a compra feita para a saída que realizaron a Lobios @s voluntari@s para axudar a recuperar o monte queimado, decidimos cambiar o menú dos almorzos saudables.
A semana pasada saboreamos uns sándwichs con queixo e peituga de pavo, acompañados dun vaso de leite, e froita de temporada, neste caso, mazá.
Os sándwichs fixémolos tostando o pan no forno, e engadíndolle despois o fiambre.
A semana pasada saboreamos uns sándwichs con queixo e peituga de pavo, acompañados dun vaso de leite, e froita de temporada, neste caso, mazá.
Os sándwichs fixémolos tostando o pan no forno, e engadíndolle despois o fiambre.
sábado, 10 de febreiro de 2018
Cócteles saudables na festa de Entroido
Este venres 9 de febreiro tivemos a festa de Entroido de 10:30h a 14:10h, e a temática elixida foi o Western. Tivemos una festa con distintas actividades: no salón de actos, o "Saloon", houbo talleres de pulseiras e chapas e concurso de lanzamento de ferradura e pulsos. Tamén tivemos un "photocall" de tipo "Wanted Alive or Dead" e unha "Cantina de bebidas e comida".
Como participación do noso proxecto na activiade, na "Cantina" elaboramos cócteles saudables, sen alcol, mesturando zumes feitos no momento.
Velaí unha mostra dos "chupitos" feitos:
Para facer a actividade máis chamativa, aínda que os cócteles eran gratuitos, os alumnos e alumnas que quixeran tomar un, debía conseguir un "dollar" do Castro da Uz, isto é, un vale para canxealo. Para obter os vales, debían rematar unha das distintas probas e talleres organizados para este Entroido. O vale tiña esta apariencia:
A experiencia foi todo un éxito, e as bebidas acabáronse rápidamente.
domingo, 17 de decembro de 2017
Almorzos saudables
Todos os luns, no primeiro recreo, preparamos por grupos almorzos saudables: zume de laranxa e pan con aceite de oliva, acompañados con dous tipos de froitas de temporada.
Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.
Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.
![]() |
| Preparando os almorzos |
domingo, 10 de decembro de 2017
Concurso fotográfico "Alimentación e Vida Saudable"
Por cuarto ano consecutivo, o noso instituto organiza un concurso de fotografía aberto a toda a comunidad educativa.
A temática das fotografías será:"Alimentación e Vida Saudable". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formatoapaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción de hábitos saudables. Podes ver na web do instituto, nesta ligazón, os requisitos das fotografías a presentar.
Coas gañadoras elabórase o calendario do ano 2018.
Desde o 10 de outubro ao 17 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, familias, profesores e PND.
A temática das fotografías será:"Alimentación e Vida Saudable". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formatoapaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción de hábitos saudables. Podes ver na web do instituto, nesta ligazón, os requisitos das fotografías a presentar.
Coas gañadoras elabórase o calendario do ano 2018.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, familias, profesores e PND.
xoves, 23 de novembro de 2017
Corre 1 Km diario
Todos os días, no segundo recreo, andamos ou corremos 1 km. Dependendo da climatoloxía, realizamos este quilómetro pola nosa alameda literaria (catro voltas) ou ben no pavillón se o tempo non acompaña (oito voltas).
![]() |
| Percorrido no pavillón |
xoves, 16 de novembro de 2017
Estudo dos tipos de pan
En hábitos saudables, de segundo da ESO, elaboramos un estudo dos distintos tipos de pan, analizando os seus compoñentes e propiedades máis características.
domingo, 5 de novembro de 2017
Froita fresca nos recreos
Do Luns 6 ao Venres 17 de novembro o centro repartirá froita fresca ao alumnado durante os dous recreos.
A Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, contribúe á unha mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia, a través do programa Aliméntate ben.
No marco do dito programa intégranse as accións da consellería que teñen como obxecto a incidencia nos hábitos alimenticios do alumnado dos centros escolares de Galicia. Desde o ano 2009 a Unión Europea, no marco da política agrícola común, conta co Plan de consumo de froita nas escolas destinado á distribución de froita e hortalizas nelas. O dito plan ten por obxectivo, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos na mocidade en virtude do seu aprovisionamento aos centros escolares e, a longo prazo, trata de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a manter ou a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita.














