domingo, 5 de novembro de 2017

Froita fresca nos recreos


Do Luns 6 ao Venres 17 de novembro o centro repartirá froita fresca ao alumnado durante os dous recreos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, contribúe á unha mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia, a través do programa Aliméntate ben. 

No marco do dito programa intégranse as accións da consellería que teñen como obxecto a incidencia nos hábitos alimenticios do alumnado dos centros escolares de Galicia. Desde o ano 2009 a Unión Europea, no marco da política agrícola común, conta co Plan de consumo de froita nas escolas destinado á distribución de froita e hortalizas nelas. O dito plan ten por obxectivo, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos na mocidade en virtude do seu aprovisionamento aos centros escolares e, a longo prazo, trata de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a manter ou a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita.