luns, 25 de marzo de 2019

OBRADOIRO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


O luns 25 de marzo, o alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.



Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.













Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

                                                      

A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.
                         

O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.
                          

domingo, 17 de marzo de 2019

Cócteles saudables na festa de entroido

O venres 1 de marzo tivemos a festa do entroido de 11:20 a 14:10, e a temática elixida foi Grupos  e Estilos Musicais.
Tivemos unha festa con distintas actividades: o alumnado realizou un divertido desfile de disfraces con actuacións musicais nas que representaron a grupos como OT, Panorama, Guns and Roses, Janis Joplin...
Tamén tivemos un orixinal taller de maquillaxe onde os nenos e nenas elixiron creativos tatuaxes e máscaras para o seu disfraz, e toda a comunidade educativa puido degustar uns cócteles e batidos saudables preparados alí mesmo, sen alcohol e mezclando froitas e zumes.

Aquí temos unha mostra: