venres, 13 de novembro de 2020

INSPECCIÓN RÍO MADALENA

Para sentirnos ben é preciso comer ben, facer exercicio e coidar o noso entorno.

Estamos convencidos e convencidas de que só coñecendo o que temos, podemos valoralo e aprender a coidalo.

O que comemos, o que respiramos, o que vemos, todo o que nos rodea é un mundo do que nos temos que sentir responsables na nosa medida. É por iso que decidimos realizar con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), unha inspección medioambiental dun río, neste caso tratouse do río Madalena ao seu paso por Vilalba. 



Esta actividade enmárcase no Proxecto Ríos, financiado por Augas de Galicia. É unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. 




Estudamos a flora e fauna do río (vimos e aprendemos a distinguir un montón de invertebrados, peixes, anfibios...)




Examinamos a temperatura da auga, o seu PH, a súa concentración de nitratos...


E puidemos asegurar con satisfacción que se trata dun río en moi bo estado.

 


Teremos que pensar en investigar outros ríos e establecer un plan de limpeza...esperamos ter ocasión de facelo na vindeira primavera.