Ao longo deste curso contamos con propostas de almorzos saudables temáticos, nos que o alumnado se animou a estudiar e preparar pratos consecuentes co que investigaron e ofrecéndollos no recreo a toda a comunidade educativa. Foi toda unha experiencia!
ALMORZO GRECOLATINO
Desde o departamento de Latín, o alumnado de 4º de ESO guiado pola súa titora Ana Belén Puente, meteuse na cociña para recrear por un día a actividade DE RE COQUINARIA (Cociña Romana).
Fixeron receitas saudables de orixe romana: Moretum e Tapenade con
ingredientes como olivas, queixo, allo, aceite....
ALMORZO HEALTHY
Delicioso Almorzo preparado polo alumnado de 3º de ESO en colaboración con
Olivia, profe de Bioloxía. Empregaron ingredientes variados como froitas,
cereais, iogurt, pan, xamón serrano, aguacate..... O seu obxectivo é o fomento
da alimentación saudable entre a mocidade. Esta actividade está incluída no programa
de innovación educativa EDUSaúde, e no plan Proxecta de hábitos de vida saudables Alimentate ben