Este ano seguimos a traballar o noso pequeno pero completo e mimado horto urbano.
Recordamos que a iniciativa desta actividade partíu inicialmente da profesora de francés e gran parte do alumnado de 2º de ESO. A creación do hoto foi moi produtiva xa que se traballaron de forma transversal aspectos de ecoloxía, bioloxía, coidado do medio ambiente e a mellora da competencia lingüística, neste caso en francés.
Profesorado e alumnado doutros departamentes se uniron ao proxecto, incluso dende Ciclos formativos, en concreto Soldadura ofreceu a súa colaboración para varias tarefas como a montaxe de canalóns para os amorodos.
Como en cursos pasados, o alumnado preparou a terra, plantou, regou, coidou e recolleu os froitos.