martes, 6 de febreiro de 2024

ROTEIRO XEOPARQUE DE ORTEGAL

O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou o Xeoparque de Ortegal co xeólogo Francisco Canosa. Puideron observar rochas pouco habituais na superficie terrestre como peridotitas, escuras polo ferro; serpentinas verdes polo magnesio ou ecoloxitas con granates, que normalmente se atopan a 70-100 km de profundidade no manto terrestre. Observaron o val glaciar onde se atopa San André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental, desde a garita de Herbeira, a 640m de altura. Aos seus pés está a praia de Teixedelo, a única do mundo de areas negras de orixe non volcánico, polos minerais con moito ferro que forman as rochas características desta zona.

No cabo de Ortegal, entenderon a razón dos Aguillóns, que resisten a erosión mariña, pola gran dureza das súas ecloxitas.
O bo tempo favoreceu que fora unha bonita xornada de aprendizaxe na natureza da materia de Bioloxía e Xeoloxía.