luns, 15 de outubro de 2018

Almorzos no novo curso 2018-2019


Comezamos un novo curso coa mente posta de novo nos almorzos saudables. A nosa intención e involucrar ao novo alumnado neste tipo de hábitos e consolidar os hábitos nos alumnos e alumnas que xa participaron no curso anterior nesta actividade.

Almorzar ben segue a ser unha das materias pendentes na nosa dieta. Segundo un estudo recente, case o 70 por cento dos galegos dedica menos dun cuarto de hora ao almorzo. Desta porcentaxe, moitos toman zumes envasados e galletas por comodidade.

Un almorzo variado a base de lácteos, froitas enteiras  e proteínas é, segundo os endocrinólogos, o máis recomendable. O almorzo ten que ser unha das principais comidas da nosa dieta, polo que non hai que abusar do consumo excesivo de lácteos, graxas saturadas e azucre.

Así pois, os luns, no primeiro recreo, preparamos por grupos almorzos saudables: zume de laranxa e pan con aceite de oliva, acompañados con dous tipos de froitas de temporada.
Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.