venres, 26 de maio de 2023
ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS FORA DO CENTRO
martes, 23 de maio de 2023
ROTEIROS INTERDISCIPLINARES: ROTEIRO MATEMÁTICO E INSPECCIÓN RÍO SOMEDE
ROTEIRO MATEMÁTICO
O alumnado de ESO gozou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.
Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse
para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.
O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa
Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros).
Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles
e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso
dos bancos de pedra da praza da igrexa.
A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e
a estatua de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila.
Logo fixeron un paseo relaxante ata o encoro da Ribeira, e despois de cruzar á outra beira do río
comezou a observación do medio natural.
Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego do Inferno
coñecendo algúns, un novo atractivo do seu concello.
E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido bingo no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas aromáticas, animais predadores e moito máis...
Esta fermosa ruta polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como
obxectivo realizar unha inspección e análise da auga do río e traballar o aprendido nas aula con respecto ás técnicas de análise
xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e
potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos
rurais.
A idea é aunar as aprendizaxes das diferentes áreas e materias ao tempo que realizamos exercicio físico
luns, 15 de maio de 2023
CHARLAS DE ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN
Despois de detectar moita inquietude, algún comportamento pouco saudable e moitas ganas de saber máis sobre alimentación saudable, decidimos recurrir a unha persoa que sabe moito do tema, Conchi Fernández, especializada en TCA, trastornos da conducta alimentaria, que impartiu ao alumnado de ESO unha charla fundamental sobre alimentación e nutrición.
Podedes seguir a Conchi en: https://midietaesmia.com/