martes, 23 de maio de 2023

ROTEIROS INTERDISCIPLINARES: ROTEIRO MATEMÁTICO E INSPECCIÓN RÍO SOMEDE

ROTEIRO MATEMÁTICO

O alumnado de ESO gozou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.

Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.

O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros).  Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso dos bancos de pedra da praza da igrexa.

                                

A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e a estatua de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila.

Logo fixeron un paseo relaxante ata o encoro da Ribeira,  e despois de cruzar á outra beira do río comezou a observación do medio natural.

Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego do Inferno coñecendo algúns, un novo atractivo do seu concello.

E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido bingo no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas aromáticas, animais predadores e moito máis...



ROTEIRO E INSPECCIÓN DE RÍO- FERVENZA DE SOMEDE

Esta fermosa ruta polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como obxectivo realizar unha inspección e análise da auga do río e traballar o aprendido nas aula con respecto ás técnicas de análise xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos rurais.

A idea é aunar as aprendizaxes das diferentes áreas e materias ao tempo que realizamos exercicio físico