domingo, 16 de febreiro de 2020

OBRADOIRO CONSELLERÍA DO MAR: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.

Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.

Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.

O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, especialmente, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.



luns, 3 de febreiro de 2020

CONCURSO ELABORACIÓN DE CREPES

O 2 de febreiro e o día da Candelaria, tamén coñecida polo seu nome orixinal no francés Chandeleur.  Nesta festa pertencente ao país galo acéndense velas (Chandelles) nas casas e cómense crêpes en familia o entre amigos.... E para conmemoralo, os nosos alumnos convertéronse en excelentes cociñeiros.

Coñeceron as propiedades nutricionais a la vez que pasaron un rato moi divertido.