OBXECTIVO XERAL
Os escolares deberán adquirir os coñecementos, habilidades, valores e actitudes necesarios para poder realizar as eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables e por medio de decisións ben informadas.
Invítaráselles tamén a reflexionar sobre a influencia da contorna (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) nas eleccións individuais, nas súas consecuencias sobre o estado de saúde e na necesidade de desenvolver un comportamento crítico fronte á oferta alimentaria actual.
Solicitaráselles a súa participación e consenso para deseñar entre todos e todas varias propostas de intervención destinadas a mellorar a oferta alimentaria da súa contorna e a informar e "educar" as súas familias.
Con isto, espérase conseguir que o alumnado:
1. Adquira habilidades prácticas para a vida diaria ( Interpreten a información da etiqueta nutricional no momento da adquisición e compra de alimentos, ...)
2. Desenvolva o pensamento crítico por medio da auto-avaliación, a reflexión e a análise ( Valoren as consecuencias da publicidade nas súas decisións persoais á hora de elixir alimentos, ...).
3. Busque solucións a través da coordinación e o consenso ( organicen equipos, xestionen recursos, propoñan alternativas, ...).
4. Poida compartir o produto final con toda a comunidade educativa, fomentando a participación activa como consumidores responsables.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Modificar os hábitos alimentarios prexudiciais na poboación adolescente e adulta.
- Coñecer as características dos alimentos.
- Saber as recomendacións nutricionais por grupos de idade. O alumnado saberá avaliar correctamente (en base a uns criterios básicos establecidos previamente) a oferta alimentaria presente na contorna do mundo escolar (cafetería do centro educativo, restaurantes, despensa familiar, establecementos de comida rápida...).
-Saber interpretar correctamente a información da etiqueta nutricional dunha mostra dos alimentos envasados que se ofrecen na contorna do mundo escolar (máquinas expendedoras de alimentos, quioscos, produtos alimentarios publicitados na TV, prensa escrita, valas publicitarias...).
- Elaborar táboas de alimentos que permitan elaborar menús saudables para todos os días da semana en base aos criterios nutricionais establecidos previamente..
- Valorar se son axeitados determinados modelos de consumo.
- Coñecer as diferenzas entre os produtos ecolóxicos e convencionais.
- Fomentar accións que procuren a unha análise crítica, con reflexións razoadas, sobre a influenza da publicidade de alimentos nas decisións de compra dos consumidores e sobre a oferta alimenticia que rodea o alumnado.
- Elaborar propostas reais de cambio que favorezan unha mellora nos hábitos de consumo alimentario no seu contorno ( centro e familia) ou ben para organizar unha campaña publicitaria (carteis, "anuncios" youtube, concurso fotográfico....)
- Concienciar sobre os beneficios da produción de calidade e ecolóxica.
- Ser capaz de percorrer 1Km. diario, andando, correndo...
- Conseguir realizar ao longo do curso o maior número de quilómetros, andando, correndo...
- Axudar a controlar o peso excesivo e a obesidade reducindo a porcentaxe de graxa corporal.
- Axudar a controlar o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, presión elevada e diabetes.
- Aumentar a densidade ósea facéndolles coñecer a necesidade de fortalecer esta parte do corpo.
- Fortalecer a musculatura e mellorar a capacidade de facer esforzos sen fatiga.
- Mellorar o estado de ánimo e diminuír o risco de estrés, ansiedade ou depresión.
- Aumentar a autoestima e proporcionar o benestar psicolóxico.
- Fomentar a sociabilidade.
- Aumentar a autonomía e a integración social.