xoves, 19 de decembro de 2019

DECORAMOS OS NOSOS XABÓNS



Non é por presumir, pero os xabóns quedáronnos ben bonitos e cun olor moi agradábel.

Xa só nos quedaba presentalos cun envoltorio acorde ao produto e, por suposto, feito con material reciclado. Para a ocasión escollemos tea de saco de patacas. Que vos parece o resultado?


xoves, 5 de decembro de 2019

TALLER ELABORACIÓN XABÓN ECOLÓXICO

O profesorado e alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna visitounos para impartir á clase de 4º de ESO, un taller de elaboración de xabón ecolóxico a partir de aceite reciclado.

Esta actividade foi organizada polo equipo de Dinamización Lingüística, Biblioteca e o Departamento de Física e Química.

Esta actividade resultou ser realmente interesante tanto pola aprendizaxe, como polo resultado final e, por suposto, polas persoas que coñecemos nesta xornada.
Aquí vos deixamos unha mostra do proceso e resultado que acadou o éxito esperado!!!