O profesorado e alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna visitounos
para impartir á clase de 4º de ESO, un taller de elaboración de xabón ecolóxico
a partir de aceite reciclado.
Esta actividade foi organizada polo equipo de Dinamización Lingüística, Biblioteca e o Departamento de Física e Química.
Esta actividade resultou ser realmente interesante tanto pola aprendizaxe, como polo resultado final e, por suposto, polas persoas que coñecemos nesta xornada.
Aquí vos deixamos unha mostra do proceso e resultado que acadou o éxito
esperado!!!