O luns 25 de marzo, o alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal
obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria
dentro do programa Aliméntate Ben.
Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis
saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.
Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.
A campaña estivo deseñada
pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de
Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes
das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha
enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.
O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, sobre de todo,
unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.