O venres 1 de marzo tivemos a festa do entroido de 11:20 a 14:10, e a temática elixida foi Grupos e Estilos Musicais.
Tivemos unha festa con distintas actividades: o alumnado realizou un
divertido desfile de disfraces con actuacións musicais nas que representaron a
grupos como OT, Panorama, Guns and Roses, Janis Joplin...
Tamén tivemos un orixinal taller
de maquillaxe onde os nenos e nenas elixiron creativos tatuaxes e máscaras para
o seu disfraz, e toda a
comunidade educativa puido degustar uns cócteles e batidos saudables preparados
alí mesmo, sen alcohol e mezclando froitas e zumes.
Aquí temos unha mostra: