Todos os días, no segundo recreo, andamos ou corremos 1 km. Dependendo da climatoloxía, realizamos este quilómetro pola nosa
alameda literaria (catro voltas) ou ben no pavillón se o tempo non acompaña (oito voltas).
|
Percorrido no pavillón |
Estudamos distintas alternativas para correr ou camiñar o km saudable. No centro contamos cunha bonita alameda literaria de árbores celtas, polo que pensamos que este sería un bo percorrido para o noso km diario. Coa axuda do teléfono móbil, calculamos a distancia percorrida en cada volta, aproximadamente 250 metros, polo que facendo catro voltas completas acadamos o obxectivo: percorrer 1 km.
|
Percorrido pola alameda |
|
Percorrido pola alameda |
Pero estamos en Galicia, e necesitábamos unha alternativa para os días en que as condicións atmosféricas non fosen favorables, polo que calculamos tamén a distancia que percorreríamos en cada volta ao pavillón. No pavillón, cada volta é a metade que na alameda, polo que temos que dar un total de 8 voltas.
|
Percorrido no pavillón |
|
Percorrido no pavillón |
Os tempos empregados para percorrer o km saudable son diferentes en función do ritmo que siga cada un de nós, pero varían entre 10-12 minutos para aqueles que o facemos andando, e .... para aqueles que o facemos correndo.