domingo, 18 de marzo de 2018

Almorzos saudables en Marzo

Aproveitando a compra feita para a saída que realizaron a Lobios @s voluntari@s para axudar a recuperar o monte queimado, decidimos cambiar o menú dos almorzos saudables.

A semana pasada saboreamos uns sándwichs con queixo e peituga de pavo, acompañados dun vaso de leite, e froita de temporada, neste caso, mazá.

Os sándwichs fixémolos tostando o pan no forno, e engadíndolle despois o fiambre.



Esta semana volvemos a facer os sándwichs de queixo e peituga de pavo, esta vez acompañados de zumes de froitas sen azucre engadido.




Foi todo un éxito, e, coma sempre, non sobrou nada!

 Á volta das vacacións, estamos pensando en variar o menú dos almorzos, e engadir iogur natural. Colgaremos fotos!