luns, 3 de xuño de 2024

MODA RE: CONSUMIMOS DE XEITO RESPONSABLE E RECICLAMOS!

Dende a materia de Proxecto Competencial iniciamos no noso centro o proxecto solidario“UPCYCLING” coordinado pola cooperativa de iniciativa social MODA-RE promovida por Cáritas Mondoñedo-Ferrol.




Estiveron con nos Marta Pazo e Raquel Pena, Secretaria Xeral e Traballadora social respectivamente, de Cáritas Mondoñedo Ferrol, impartindo un obradoiro para concienciar ao noso alumnado sobre:

-     -O impacto medioambiental da fabricación de roupa, que é a segunda industria máis contaminante do planeta, 

-          -O problema que supón a “fast fashion” do primeiro mundo nos países en vía de desenvolvemento, aos que volve en forma de residuos.


Durante os meses de abril e maio puidemo depositar no noso centro as prendas de roupa que xa non usabamos, impulsando así a economía circular promovida neste proxecto.

Colaboramos no proxecto up cycling achegando as nosas prendas!!






VIDEO MODA RE


venres, 10 de maio de 2024

ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS FORA DO CENTRO - SEMANA AZUL

Ao comezo do curso realizamos as tradicionais Xornadas de Iniciación e perfeccionamento ao SURF nas praias de Esmelle, e O Vilar nas que participou todo o alumnado de de ESO e FP Básica. Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte da man de Friends & Family surf School.


SEMANA AZUL 
 Dende Baiona, o corazón das Rías Baixas, o alumnado de 2° e 3° de ESO tivo o pracer de gozar duns días de actividades físicas nun entorno privilexiado. Tivemos a oportunidade de practicar Surf, Vela, realizar Gymkanas para coñecer mellor a vila de Baiona, visita guiada e sendeirismo polas Illas CÍes, e como o tempo nos acompañou, aínda puidemos gozar da praia.






martes, 16 de abril de 2024

martes, 6 de febreiro de 2024

ROTEIRO XEOPARQUE DE ORTEGAL

O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou o Xeoparque de Ortegal co xeólogo Francisco Canosa. Puideron observar rochas pouco habituais na superficie terrestre como peridotitas, escuras polo ferro; serpentinas verdes polo magnesio ou ecoloxitas con granates, que normalmente se atopan a 70-100 km de profundidade no manto terrestre. Observaron o val glaciar onde se atopa San André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental, desde a garita de Herbeira, a 640m de altura. Aos seus pés está a praia de Teixedelo, a única do mundo de areas negras de orixe non volcánico, polos minerais con moito ferro que forman as rochas características desta zona.

No cabo de Ortegal, entenderon a razón dos Aguillóns, que resisten a erosión mariña, pola gran dureza das súas ecloxitas.
O bo tempo favoreceu que fora unha bonita xornada de aprendizaxe na natureza da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

venres, 17 de novembro de 2023

XORNADAS DE PROMOCIÓN E INTRODUCIÓN AO RUGBY

Un ano mais, da man de carla e @edgartuly do @crfendetestas, o noso alumnado de 1° e 2° de ESO, gozou dunhas xornadas de introducción e perfeccionamento ao Rugby



luns, 5 de xuño de 2023

RECURSO NUTRIESCOLAS 2 - MÁIS ALÁ DO PRATO

Aproveitamos o recurso de Nutriescolas 2, Máis Alá Do Prato, co obxectivo  de que o alumnado adquirise as habilidades necesarias para realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables.

Durante unha semana, todo o alumnado da clase e o profesorado responsable da actividade, guiados por Olivia, que imparte a materia de Bioloxía,  realizou unha análise obxectiva sobre os seus hábitos de consumo alimentario. Para isto, realizamos unha táboa onde anotamos por cada comida do día que alimentos consumimos, cantos residuos xeramos coa súa preparación, elaboración do prato, e prezo estimado. 

Aquí temos varios exemplos de dúas alumnas de 3º de ESO:





venres, 26 de maio de 2023

ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS FORA DO CENTRO

XORNADAS DE SURF E PADDEL SURF

Comezamos o curso cunha agradabe xornada de iniciación e perfeccionamento ao SURF para todo o alumnado de ESO. Estivemos nas praias de Esmelle e O Vilar.

Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte!!!

 



Na Praia de Santa Cristina,  gozaron cunhas clases de Iniciación ao PADDEL SURF nas que aprenderon as técnicas de remada, posicionamento na tabla, na ola e a realizar xiros e surfear coa axuda do remo.

martes, 23 de maio de 2023

ROTEIROS INTERDISCIPLINARES: ROTEIRO MATEMÁTICO E INSPECCIÓN RÍO SOMEDE

ROTEIRO MATEMÁTICO

O alumnado de ESO gozou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.

Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.

O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros).  Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso dos bancos de pedra da praza da igrexa.

                                

A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e a estatua de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila.

Logo fixeron un paseo relaxante ata o encoro da Ribeira,  e despois de cruzar á outra beira do río comezou a observación do medio natural.

Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego do Inferno coñecendo algúns, un novo atractivo do seu concello.

E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido bingo no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas aromáticas, animais predadores e moito máis...



ROTEIRO E INSPECCIÓN DE RÍO- FERVENZA DE SOMEDE

Esta fermosa ruta polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como obxectivo realizar unha inspección e análise da auga do río e traballar o aprendido nas aula con respecto ás técnicas de análise xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos rurais.

A idea é aunar as aprendizaxes das diferentes áreas e materias ao tempo que realizamos exercicio físico

 


luns, 15 de maio de 2023

CHARLAS DE ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

 

Despois de detectar moita inquietude, algún comportamento pouco saudable e moitas ganas de saber máis sobre alimentación saudable, decidimos recurrir a unha persoa que sabe moito do tema, Conchi Fernández, especializada en TCA, trastornos da conducta alimentaria, que  impartiu ao alumnado de ESO unha charla fundamental sobre alimentación e nutrición.

Podedes seguir a Conchi en: https://midietaesmia.com/

 

luns, 24 de abril de 2023

ALMORZOS TEMÁTICOS E INTERDISCIPLINARES- GRECOLATINO- HEALTHY


Ao longo deste curso contamos con propostas de almorzos saudables temáticos, nos que o alumnado se animou a estudiar e preparar pratos consecuentes co que investigaron e ofrecéndollos no recreo a toda a comunidade educativa. Foi toda unha experiencia!

ALMORZO GRECOLATINO

Desde o departamento de Latín, o alumnado de 4º de ESO guiado pola súa titora Ana Belén Puente, meteuse na cociña para recrear por un día a actividade DE RE COQUINARIA (Cociña Romana).

Fixeron receitas saudables de orixe romana: Moretum e Tapenade con ingredientes como olivas, queixo, allo, aceite....

 


 

ALMORZO HEALTHY

Delicioso Almorzo preparado polo alumnado de 3º de ESO en colaboración con Olivia, profe de Bioloxía. Empregaron ingredientes variados como froitas, cereais, iogurt, pan, xamón serrano, aguacate..... O seu obxectivo é o fomento da alimentación saudable entre a mocidade. Esta actividade está incluída no programa de innovación educativa EDUSaúde, e no plan Proxecta de hábitos de vida saudables Alimentate ben

 

 

mércores, 19 de abril de 2023

MANTEMOS O NOSO HORTO URBANO

Este ano seguimos a traballar o noso pequeno pero completo e mimado horto urbano.

Recordamos que a iniciativa desta actividade partíu inicialmente da profesora de francés e gran parte do alumnado de 2º de ESO. A creación do hoto foi moi produtiva xa que se traballaron de forma transversal aspectos de ecoloxía, bioloxía, coidado do medio ambiente e a mellora da competencia lingüística, neste caso en francés.

Profesorado e alumnado doutros departamentes se uniron ao proxecto, incluso dende Ciclos formativos, en concreto Soldadura ofreceu a súa colaboración para varias tarefas como a montaxe de canalóns para os amorodos.

Como en cursos pasados, o alumnado preparou a terra, plantou, regou, coidou e recolleu os froitos.

 

 

martes, 4 de abril de 2023

COMPOSTEIRO CON RESTOS DOS ALMORZOS

Aproveitando que temos restos da froita a diario, decidimos seguir a utilizalos para abonar o noso horto e, que mellor maneira, que utilizar o  composteiro, co fin de comprobar o doado que é facer uso dos restos de refugallo para crear vida.


martes, 28 de marzo de 2023

ANDAINAS DIARIAS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS NOS RECREOS

Dado que a realización de actividade física diaria está recomendada por todas as autoridades que velan pola saúde, porque a consideran o complemento perfecto para levar a cabo un verdadeiro programa de Hábitos de vida saudable, continuamos un ano máis a realización voluntaria de 1 km diario por parte de toda a comunidade educativa.

Ademais de xogar ao fútbol e baloncesto, como vén sendo habitual tamén nos recreos, este ano o noso alumnado decantouse polo ping pong e a tradicional comba.

martes, 21 de marzo de 2023