venres, 14 de xuño de 2019

COME FROITA DE MANEIRA DIVERTIDA

Na idade infantil e na  adolescencia, en ocasións resulta  moi complicado que os nenos e nenas coman de maneira saudable. Nas imaxes seguintes podedes ver diferentes formas de presentar a comida nos platos para facelos máis divertidos e atractivos.


xoves, 30 de maio de 2019

RECREOS ACTIVOS

Para levar un estilo de vida saudable é tan importante comer ben como facer exercicio diariamente.
Como as actividades de ocio e tempo libre que mais atractivo teñen entre os pequenos hoxe en día están mais enfocadas ó sedentarismo e a inactividade (plays, videoxogos, ordenador.....) dende o noso centro estamos a fomentar o exercicio físico nos recreos. Buscamos uns recreos activos e inclusivos.

martes, 28 de maio de 2019

CAFETERÍA SAUDABLE

Seguimos traballando para que o noso alumnado almorce cada día de maneira saudable, por iso é moi importante que desde todos os eslabóns presentes na comunidade educativa transmitamos esta idea.


A nosa cafetería ofrécenos froita fresca e bocatas vexetais para alumnado e profesorado.

luns, 27 de maio de 2019

ORIXINAL, SAUDABLE E DIVERTIDO

Nesta ocasión eliximos unha maneira orixinal e divertida para os nosos almorzos saudables!!!
Fixemos unhas brochetas con froitas variadas: amorodos, uvas, mazás, frambuesas, piñas e plátanos.


                               Acompañámolo duns saborosos sandwiches de pavo e queixo.

   

luns, 29 de abril de 2019

SEGUIMOS ALMORZANDO BEN!

Continuamos cos almorzos saudables que realizamos 
no instituto os luns pola mañá ao longo do curso.  

Esta vez o alumnado de 3º de ESO preparou unha excelente combinación que incluía un exquisito zume de laranxa e unhos saborosos sandwiches de xamón o peituga de pavo e queixo.


luns, 25 de marzo de 2019

OBRADOIRO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


O luns 25 de marzo, o alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.



Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.













Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

                                                      

A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.
                         

O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.
                          

domingo, 17 de marzo de 2019

Cócteles saudables na festa de entroido

O venres 1 de marzo tivemos a festa do entroido de 11:20 a 14:10, e a temática elixida foi Grupos  e Estilos Musicais.
Tivemos unha festa con distintas actividades: o alumnado realizou un divertido desfile de disfraces con actuacións musicais nas que representaron a grupos como OT, Panorama, Guns and Roses, Janis Joplin...
Tamén tivemos un orixinal taller de maquillaxe onde os nenos e nenas elixiron creativos tatuaxes e máscaras para o seu disfraz, e toda a comunidade educativa puido degustar uns cócteles e batidos saudables preparados alí mesmo, sen alcohol e mezclando froitas e zumes.

Aquí temos unha mostra:



luns, 18 de febreiro de 2019

Respectando o medio ambiente

Como materia transversal deste proxecto está o coidado da natureza e a reciclaxe. Para dar a coñecer novos materiais aos alumnos e alumnas participantes na actividade incorporamos culleres de millo. Son totalmente reciclables, no contendor de materia orgánica e mesmo e podemos empregalas para compostar. Chama a atención ao alumnado a súa similitude coas culleres tradicionais de plástico.



luns, 10 de decembro de 2018

Concurso fotográfico: "Reciclaxe"






Este ano o concurso de fotografía do centro o dedicamos ó tema de reciclaxe. Reciclar e otra forma de manter a vida saudable individual e do planeta.

luns, 15 de outubro de 2018

Almorzos no novo curso 2018-2019


Comezamos un novo curso coa mente posta de novo nos almorzos saudables. A nosa intención e involucrar ao novo alumnado neste tipo de hábitos e consolidar os hábitos nos alumnos e alumnas que xa participaron no curso anterior nesta actividade.

Almorzar ben segue a ser unha das materias pendentes na nosa dieta. Segundo un estudo recente, case o 70 por cento dos galegos dedica menos dun cuarto de hora ao almorzo. Desta porcentaxe, moitos toman zumes envasados e galletas por comodidade.

Un almorzo variado a base de lácteos, froitas enteiras  e proteínas é, segundo os endocrinólogos, o máis recomendable. O almorzo ten que ser unha das principais comidas da nosa dieta, polo que non hai que abusar do consumo excesivo de lácteos, graxas saturadas e azucre.

Así pois, os luns, no primeiro recreo, preparamos por grupos almorzos saudables: zume de laranxa e pan con aceite de oliva, acompañados con dous tipos de froitas de temporada.
Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.






martes, 5 de xuño de 2018

Taller "Ponlle as pilas ao teu bocata"

Este luns, 4 de xuño de 2018, tivemos un taller sobre bocatas saudables, dentro da campaña promovida pola Consellería do Mar "Ponlle as pilas ao teu bocata", no que aprendimos a facer bocatas equilibrados con especies mariñas en conserva, vexetais, lácteos, etc.

Asistiron os alumnas e alumnas de toda a ESO e prepararon os seus propios bocatas con atún, queixo de Arzúa, tomate, etc.

luns, 23 de abril de 2018

Exemplo de almorzo saudable

-Un vaso de leite semidesnatado                              - Unha rebanda de pavo
-Unha rebanda de queixo tenro                                - Unha rebanda de pan de molde

• Un vaso de leite semidesnatado: (por 100g)
Enerxía (Kcal) – 47,60                                                          Colesterol (mg) – 6,30
Proteínas (g) - 3,50                                                               Auga (g) -  90,10
Hidratos de carbono (g) – 4,80                                              Calcio (mg) – 125
Graxa total (g) -  1,60                                                           Iodo (mg) – 8,60
Sodio (mg) – 47                                                                   Magnesio (mg) -  11,90
Fósforo (mg) – 17                                                                Potasio (mg) – 155
Carotenoides (µg) – 7,80                                                      Ácido fólico (µg) – 2,70            
             
• Unha rebanda de pavo:(10g por rebanda)
Calorías - 8kcal
Graxa – 0,08 g
Carbohidratos – 0,13 g
Proteínas – 1,79 g

• Unha rebanda de queixo tenro: (20g por rebanda)
Enerxía (Kcal) – 65,40                                                Calcio (mg) – 129,40
Proteínas (g) – 5,03                                                    Ferro (mg) - 0,18
Hidratos de carbono (g) – 0,44                                     Iodo (mg) – 0,98
Graxa total (g) – 4,84                                                  Magnesio (mg) – 6,02
Colesterol (mg) – 16,98                                               Potasio (mg) – 25,60
Auga (g) – 8,44                                                          Sodio (mg) – 160

• Unha rebanda de pan de molde: (por 40g)
Calorías (Kcal) – 72            Azucre (g) – 0,5         Sodio (mg) – 146                 Fibra(g) – 0,8 
Proteínas (g) – 2,7              Graxa (g) – 0,8          Carbohidratos (g) – 13,2                                   

Inés Fontao Pena e Paula Dorribo Cabarcos, 2ºESO, HVS

domingo, 18 de marzo de 2018

Almorzos saudables en Marzo

Aproveitando a compra feita para a saída que realizaron a Lobios @s voluntari@s para axudar a recuperar o monte queimado, decidimos cambiar o menú dos almorzos saudables.

A semana pasada saboreamos uns sándwichs con queixo e peituga de pavo, acompañados dun vaso de leite, e froita de temporada, neste caso, mazá.

Os sándwichs fixémolos tostando o pan no forno, e engadíndolle despois o fiambre.

sábado, 10 de febreiro de 2018

Cócteles saudables na festa de Entroido

Este venres 9 de febreiro tivemos a festa de Entroido de 10:30h a 14:10h, e a temática elixida foi o Western.  Tivemos una festa con distintas actividades: no salón de actos, o "Saloon",  houbo talleres de pulseiras e chapas e concurso de lanzamento de ferradura e pulsos. Tamén tivemos un "photocall" de tipo "Wanted Alive or Dead" e unha "Cantina de bebidas e comida".

Como participación do noso proxecto na activiade, na "Cantina"  elaboramos cócteles saudables, sen alcol, mesturando zumes feitos no momento.

Velaí unha mostra dos "chupitos" feitos:
Para facer a actividade máis chamativa, aínda que os cócteles eran gratuitos, os alumnos e alumnas que quixeran tomar un, debía conseguir un "dollar" do Castro da Uz, isto é, un vale para canxealo. Para obter os vales, debían rematar unha das distintas probas e talleres organizados para este Entroido. O vale tiña esta apariencia:
A experiencia foi todo un éxito, e as bebidas acabáronse rápidamente.