martes, 28 de marzo de 2023

ANDAINAS DIARIAS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS NOS RECREOS

Dado que a realización de actividade física diaria está recomendada por todas as autoridades que velan pola saúde, porque a consideran o complemento perfecto para levar a cabo un verdadeiro programa de Hábitos de vida saudable, continuamos un ano máis a realización voluntaria de 1 km diario por parte de toda a comunidade educativa.

Ademais de xogar ao fútbol e baloncesto, como vén sendo habitual tamén nos recreos, este ano o noso alumnado decantouse polo ping pong e a tradicional comba.

martes, 21 de marzo de 2023

luns, 6 de marzo de 2023

OBRADOIRO: TI SI QUE ES UN BO PEIXE


O noso alumnado de 3º de ESO, realizou  unha  visita a Ferrol, que comezou no PORTO, facendo un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca.

Achegáronse ao edificio da LONXA, onde viron como é o proceso de clasificación, pesado e poxa do peixe e aprenderon a importancia da etiqueta para os produtos da pesca. No mesmo edificio, estaba a pequena DEPURADORA da Confraría, onde observaron o proceso de depuración dos moluscos bivalvos.

Continuaron o  percorrido ata o MERCADO DA MAGDALENA, onde contemplaron a fachada de “La Pescadería”, edificio de estilo modernista,  obra do arquitecto Rodolfo Ucha que data de 1910. No seu interior atópanse unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos, identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para que os informaran dos prezos, da forma de preparar o peixe e da frescura.

Ao remate entregáronlles a cada participante unha bolsiña con merendas realizadas a base de peixe, a sobremesa e auga.

Esta actividade é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables.

 

 

luns, 6 de febreiro de 2023

LEITE E FROITA FRESCA

 Ao igual que o curso pasado, o noso centro participa no programa de "Leite e Froita fresca" o que complementa o noso proxecto de hábitos saudables. 

Optamos polo consumo de leite fresco procedente dunha granxa (Granxa Romero), que nos proporciona leite certificado galego e de calidade (Leite Bohal), que ademais cumpre co noso empeño por traballar co consumo local. 

Do mesmo xeito, a froita foi mercada na froitería local de Mari Carmen, que nos ofrecía unha froita de moi boa calidade.





xoves, 24 de novembro de 2022

ALMORZOS SAUDABLES COMO HÁBITO DIARIO

Este curso retomamos con moito interese por parte do alumnado os almorzos saudables nos recreos.

Os produtos máis demandados son: pan artesán, aceite de oliva virxe extra, tomate, aguacate, iogur, arandos, cereais, froita de tempada..., en fin, aceptamos todas aquelas propostas sans que nos facía calquera membro da comunidade educativa. Ademais seguimos a insistir no consumo de produtos locais ou polo menos do país. 

Xa temos comprobado despois de todos estes anos, que a mellor maneira de crear un hábito nos almorzos é realizándoos a diario.

Este ano seguimos a buscar formas diversas e creativas de consumir a froita, polo que o alumnado optou por preparar ricas macedonias; brochetas; batidos de froitas ás que en ocasións engadían cereais, leite fresco ou iogur; crêpes, ás que engadían tamén froitas, queixo; tostas con aceite, tomate e aguacate, etc.

 




 





martes, 18 de outubro de 2022

INICIACION AO RUGBY

Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira, levaron a cabo unhas divertidas sesións de  promoción  e introdución ao RUGBY  para todos os crusos da ESO.

Foi un provilexio descubrir un pouqiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.


 

 

xoves, 13 de outubro de 2022

MASTER CLASS DE ZUMBA

O alumnado de ESO participou nunha MASTER CLASS DE ZUMBA impartida por Lucía Lombardía do cenrtro deportivo Danceo de Vegadeo.


 

venres, 10 de xuño de 2022

SEGUIMOS A TRABALLAR NO NOSO "POTAGER"

Hoxe rematamos coa cartelería.

Ademais transplantamos xa algunhas plantas preparadas para medrar no horto.

O alumnado que quixo, levou unha planta para a súa casa. Un anaquiño do noso POTAGER no fogar.

Como podedes observar, xa case podemos comezar a probar os nosos produtos!!!

luns, 6 de xuño de 2022

O DIA DO MEDIO AMBIENTE

O Día do Medio Ambiente foi o pasado 5 de xuño.

O departamento de Francés celebrouno facendo uns fermosos "marcapáxinas medioambientais" inspirados no noso horto urbano (POTAGER).



xoves, 2 de xuño de 2022

CADA DÍA SEGUIMOS ALMORZANDO DE XEITO SAUDABLE

Cando non toca Leite fresco e froita do programa FOGGA, toca almorzo saudable preparado polo noso alumnado. Ocaso é almorzar sempre ben para medrar física e intelectualmente.



mércores, 25 de maio de 2022

ROTEIROS

No noso proxecto de vida saudable non poden faltar os Roteiros como complemento indispensable á alimentación equilibrada. Ademais permítennos gozar da natureza e descubrir novos e fermosos  lugares. 




  





luns, 9 de maio de 2022

O NOSO HORTO SEGUE MEDRANDO

Comezamos o proceso de plantación tanto nos vellos como nos novos bancais.

Temos de todo, leitugas, cebolas, tomates, cabaciñas...

Non esquecemos que a rega é imprescindible para axudar a medrar as nosas plantas.

Ademais imos colocar carteis preparados por nós en francés, posto que a idea do horto partíu dese departamento, que segue a ser o encargado de documentar o proceso.






martes, 5 de abril de 2022

OBRADOIRO TI SI QUE ES UN BO PEIXE- PARTE 2: VISITA AO PORTA E LONXA E Á DEPURADORA DE FERROL

O noso alumnado de 1º de ESO, realizou unha visita a Ferrol, que comezou no PORTO, facendo un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca.

Achegámonos ao edificio da LONXA, onde vimos como é o proceso de clasificación, pesado e poxa do peixe e aprendemos a importancia da etiqueta para os produtos da pesca. No mesmo edificio, estaba a pequena DEPURADORA da Confraría, onde observamos o proceso de depuración dos moluscos bivalvos.

Continuamos o noso percorrido ata o MERCADO DA MAGDALENA, onde contemplamos a fachada de “La Pescadería”, edificio de estilo modernista,  obra do arquitecto Rodolfo Ucha que data de 1910. No seu interior atopamos unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos, identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para que nos informaran dos prezos, da forma de preparar o peixe e da frescura.

Ao remate entregáronnos a cada participante unha bolsiña con merendas realizadas a base de peixe, a sobremesa e auga.

Esta actividade é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables.





luns, 4 de abril de 2022

OBRADOIRO TI SI QUE ES UN BO PEIXE- PARTE 1


Un ano máis contamos coa colaboración de Marexada e a Consellería do Mar para recordarnos a importancia de comer peixe en conserva.