O noso alumnado de 3º de ESO, realizou unha visita a Ferrol, que comezou no PORTO, facendo un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca.
Achegáronse ao edificio da LONXA, onde viron como é o proceso de clasificación, pesado e poxa do peixe e aprenderon a importancia da etiqueta para os produtos da pesca. No mesmo edificio, estaba a pequena DEPURADORA da Confraría, onde observaron o proceso de depuración dos moluscos bivalvos.
Continuaron o percorrido ata o MERCADO DA MAGDALENA, onde contemplaron a fachada de “La Pescadería”, edificio de estilo modernista, obra do arquitecto Rodolfo Ucha que data de 1910. No seu interior atópanse unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos, identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para que os informaran dos prezos, da forma de preparar o peixe e da frescura.
Ao remate entregáronlles a cada participante unha bolsiña con merendas realizadas a base de peixe, a sobremesa e auga.
Esta actividade é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables.