xoves, 24 de novembro de 2022

ALMORZOS SAUDABLES COMO HÁBITO DIARIO

Este curso retomamos con moito interese por parte do alumnado os almorzos saudables nos recreos.

Os produtos máis demandados son: pan artesán, aceite de oliva virxe extra, tomate, aguacate, iogur, arandos, cereais, froita de tempada..., en fin, aceptamos todas aquelas propostas sans que nos facía calquera membro da comunidade educativa. Ademais seguimos a insistir no consumo de produtos locais ou polo menos do país. 

Xa temos comprobado despois de todos estes anos, que a mellor maneira de crear un hábito nos almorzos é realizándoos a diario.

Este ano seguimos a buscar formas diversas e creativas de consumir a froita, polo que o alumnado optou por preparar ricas macedonias; brochetas; batidos de froitas ás que en ocasións engadían cereais, leite fresco ou iogur; crêpes, ás que engadían tamén froitas, queixo; tostas con aceite, tomate e aguacate, etc.

 




 





martes, 18 de outubro de 2022

INICIACION AO RUGBY

Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira, levaron a cabo unhas divertidas sesións de  promoción  e introdución ao RUGBY  para todos os crusos da ESO.

Foi un provilexio descubrir un pouqiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.


 

 

xoves, 13 de outubro de 2022

MASTER CLASS DE ZUMBA

O alumnado de ESO participou nunha MASTER CLASS DE ZUMBA impartida por Lucía Lombardía do cenrtro deportivo Danceo de Vegadeo.


 

venres, 10 de xuño de 2022

SEGUIMOS A TRABALLAR NO NOSO "POTAGER"

Hoxe rematamos coa cartelería.

Ademais transplantamos xa algunhas plantas preparadas para medrar no horto.

O alumnado que quixo, levou unha planta para a súa casa. Un anaquiño do noso POTAGER no fogar.

Como podedes observar, xa case podemos comezar a probar os nosos produtos!!!

luns, 6 de xuño de 2022

O DIA DO MEDIO AMBIENTE

O Día do Medio Ambiente foi o pasado 5 de xuño.

O departamento de Francés celebrouno facendo uns fermosos "marcapáxinas medioambientais" inspirados no noso horto urbano (POTAGER).



xoves, 2 de xuño de 2022

CADA DÍA SEGUIMOS ALMORZANDO DE XEITO SAUDABLE

Cando non toca Leite fresco e froita do programa FOGGA, toca almorzo saudable preparado polo noso alumnado. Ocaso é almorzar sempre ben para medrar física e intelectualmente.



mércores, 25 de maio de 2022

ROTEIROS

No noso proxecto de vida saudable non poden faltar os Roteiros como complemento indispensable á alimentación equilibrada. Ademais permítennos gozar da natureza e descubrir novos e fermosos  lugares. 




  





luns, 9 de maio de 2022

O NOSO HORTO SEGUE MEDRANDO

Comezamos o proceso de plantación tanto nos vellos como nos novos bancais.

Temos de todo, leitugas, cebolas, tomates, cabaciñas...

Non esquecemos que a rega é imprescindible para axudar a medrar as nosas plantas.

Ademais imos colocar carteis preparados por nós en francés, posto que a idea do horto partíu dese departamento, que segue a ser o encargado de documentar o proceso.






martes, 5 de abril de 2022

OBRADOIRO TI SI QUE ES UN BO PEIXE- PARTE 2: VISITA AO PORTA E LONXA E Á DEPURADORA DE FERROL

O noso alumnado de 1º de ESO, realizou unha visita a Ferrol, que comezou no PORTO, facendo un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca.

Achegámonos ao edificio da LONXA, onde vimos como é o proceso de clasificación, pesado e poxa do peixe e aprendemos a importancia da etiqueta para os produtos da pesca. No mesmo edificio, estaba a pequena DEPURADORA da Confraría, onde observamos o proceso de depuración dos moluscos bivalvos.

Continuamos o noso percorrido ata o MERCADO DA MAGDALENA, onde contemplamos a fachada de “La Pescadería”, edificio de estilo modernista,  obra do arquitecto Rodolfo Ucha que data de 1910. No seu interior atopamos unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos, identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para que nos informaran dos prezos, da forma de preparar o peixe e da frescura.

Ao remate entregáronnos a cada participante unha bolsiña con merendas realizadas a base de peixe, a sobremesa e auga.

Esta actividade é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables.





luns, 4 de abril de 2022

OBRADOIRO TI SI QUE ES UN BO PEIXE- PARTE 1


Un ano máis contamos coa colaboración de Marexada e a Consellería do Mar para recordarnos a importancia de comer peixe en conserva.


xoves, 24 de marzo de 2022

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA LEITE E FROITA FRESCA

Como xa vos contamos, este curso retomamos os almorzos saudables, pero ademais participamos no Programa Leite e Froita fresca coa colaboración da Unión Europea e o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

Durante dous periodos dun mes cada un, estivemos consumindo leite fresco da granxa Romero de San Sadurniño (Leite Bohal), un leite fresco de calidade, galego, de cercanía e certificado.




Ademais, contamos tamén co suministro de froita fresca durante dous periodos de 15 días cada un. Neste caso escollemos como suministradora a unha froitería tamén local, Mari Carmen Ledo, que nos serve unha froita de moita calidade e sabor.



luns, 21 de marzo de 2022

OBRADOIRO: FAI CLIC AO TEU BOCATA

Todo o alumnado de ESO participou no obradoiro FAI CLIC AO TEU BOCATA, unha actividade complementaria do Programa Aliméntate Ben. Nel, aprenderon outra maneira de facer bocatas de xeito SAUDABLE con produtos do MAR.

Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

O obradoiro contempla actividades informativas e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.