Todo o alumnado de ESO participou no obradoiro FAI CLIC AO TEU BOCATA, unha actividade complementaria do Programa Aliméntate Ben. Nel, aprenderon outra maneira de facer bocatas de xeito SAUDABLE con produtos do MAR.
Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso
interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de
peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que
perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas
alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como
valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.
O obradoiro contempla actividades informativas e, sobre de todo, unha
actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.