Aprende a comer e realiza exercicio a diario
Aliméntate Ben - Plan Proxecta
mércores, 3 de xullo de 2024
sábado, 15 de xuño de 2024
martes, 11 de xuño de 2024
ROTEIROS INTERDISCIPLINARES: ROTEIRO MATEMÁTICO E FRAGAS DO EUME
A primeira parada foi na Escola da Capela, musealizada para dar a coñecer como sería un centro de ensino rural nos anos 40 do pasado século. Da man de Secundino, antigo director do actual CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela , aprenderon que pizarras e pizarríns, pluma e tinteiro ou o cabás, figurarían entre o material que usaban os bisavós e bisavoas do alumnado, se é que foron á escola, nunha época na que o analfabetismo aínda era moi alto.
Despois fomos andando ata o museo etnográfico do Pazo, onde viron unha casa tradicional con todo o necesario para ser, no posible, autosuficiente: o procesado dos alimentos, a obtención de tecidos, a ferrería,..
Por último, na compaña de Roberto Hermida, biólogo e experto en morcegos, baixamos ao Mosteiro de Caaveiro, observando a riqueza do medio natural que fai das Fragas o mellor bosque atlántico de Europa, e que temos que axudar a conservar para podelo seguir desfrutando.
ROTEIRO MATEMÁTICO
O luns 10 de xuño, o alumnado de
3ºESO gozou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.
Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse
para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.
O roteiro, duns 7 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa
Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros).
Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles
e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso
dos bancos de pedra da praza da igrexa.
A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e
a estatua de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila.
Logo fixeron un paseo relaxante ata o encoro da Ribeira, e despois de cruzar á outra beira do río
comezou a observación do medio natural.
E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido
bingo na Canle IV no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas
aromáticas, animais predadores e moito máis...
luns, 3 de xuño de 2024
MODA RE: CONSUMIMOS DE XEITO RESPONSABLE E RECICLAMOS!
Dende a materia de Proxecto Competencial iniciamos no noso centro o proxecto solidario“UPCYCLING” coordinado pola cooperativa de iniciativa social MODA-RE promovida por Cáritas Mondoñedo-Ferrol.
Estiveron con nos Marta Pazo e Raquel Pena, Secretaria Xeral e Traballadora social respectivamente, de Cáritas Mondoñedo Ferrol, impartindo un obradoiro para concienciar ao noso alumnado sobre:
- -O impacto medioambiental da fabricación de roupa, que é a
segunda industria máis contaminante do planeta,
- -O problema que supón a “fast fashion” do primeiro mundo
nos países en vía de desenvolvemento, aos que volve en forma de residuos.
Durante os meses de abril e maio puidemo depositar no noso centro as prendas de roupa que xa non usabamos, impulsando así a economía circular promovida neste proxecto.
Colaboramos no proxecto up cycling achegando as nosas prendas!!
VIDEO MODA RE
venres, 10 de maio de 2024
ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS FORA DO CENTRO - SEMANA AZUL
Ao comezo do curso realizamos as tradicionais Xornadas de Iniciación e perfeccionamento ao SURF nas praias de Esmelle, e O Vilar nas que participou todo o alumnado de de ESO e FP Básica. Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte da man de Friends & Family surf School.
SEMANA AZUL
martes, 16 de abril de 2024
martes, 6 de febreiro de 2024
ROTEIRO XEOPARQUE DE ORTEGAL
No cabo de Ortegal, entenderon a razón dos Aguillóns, que resisten a erosión mariña, pola gran dureza das súas ecloxitas.
O bo tempo favoreceu que fora unha bonita xornada de aprendizaxe na natureza da materia de Bioloxía e Xeoloxía.
venres, 17 de novembro de 2023
XORNADAS DE PROMOCIÓN E INTRODUCIÓN AO RUGBY
luns, 5 de xuño de 2023
RECURSO NUTRIESCOLAS 2 - MÁIS ALÁ DO PRATO
Aproveitamos o recurso de Nutriescolas 2, Máis Alá Do Prato, co obxectivo de que o alumnado adquirise as habilidades necesarias para realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables.
Durante unha semana, todo o alumnado da clase e o profesorado responsable da actividade, guiados por Olivia, que imparte a materia de Bioloxía, realizou unha análise obxectiva sobre os seus hábitos de consumo alimentario. Para isto, realizamos unha táboa onde anotamos por cada comida do día que alimentos consumimos, cantos residuos xeramos coa súa preparación, elaboración do prato, e prezo estimado.
Aquí temos varios exemplos de dúas alumnas de 3º de ESO: