luns, 13 de decembro de 2021

AMPLIAMOS AS ZONAS DO NOSO HORTO URBANO


Como xa saberedes, o horto urbano quedábasenos pequeno, polo que decidimos amplialo da man de expertos como Patricia de Francés, Ángel, Soto, Cris de Informática e todas aquelas persoas que se brindaron, incluido o alumnado de ESO!

Deixámosvos unha mostra dos nosos pequenos avances...




luns, 8 de novembro de 2021

CONSOLIDAMOS O HÁBITO DOS ALMORZOS SAUDABLES

Por suposto este curso non  esquecemos que unha boa alimentación é imprescindible para medrar sans.

Por iso retomamos os Almorzos Saudables: Pan artesán, aceite de oliva virxe extra, froita, batidos de froita e leite fresco..., no que contamos coa colaboración de alumnado tanto de ESO como de Ciclos.

Todo un éxito!!!






venres, 8 de outubro de 2021

XORNADAS DEPORTIVAS: INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO AO SURF

Marabillosa xornada de SURF a que tivemos na Praia de Chanteiro co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte.


 En Xuño repetimos!!!


xoves, 30 de setembro de 2021

OBRADOIRO: "TI SI QUE É UN BO PEIXE" EXCURSIÓN VIRTUAL

 Todo o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha excursión virtual incluída dentro do programa “TI SI QUE É UN BO PEIXE" da Consellería do Mar

Nesta actividade, que é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables,  familiarizáronse  co mundo do MAR coas seguintes actividades:

  • Visionado dun vídeo con gafas 3D
  • O marisqueo/Recoñecementos dos bivalvos expostos. Coa axuda de calibres aprenderon a medir o tamaño mínimo das diferentes especies e a importancia de cumprilo e respectalo.
  • Coñeceron as diferentes artes de pesca e, empregando unha lona dun fondo mariño, descubriron o hábitat de cada especie .
  •  Recoñeceron a frescura dun peixe e simularon unha poxa...

 Para rematar tiveron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe, e se lle entregou a cada neno e nena unha bolsiña con preparacións realizadas a base de peixe.






mércores, 29 de setembro de 2021

XORNADAS DEPORTIVAS: INTRODUCCIÓN AO RUGBY

Neste comezo de curso, estiveron con nós Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira. 

Levaron a cabo unhas  divertidas sesións de  promoción  e introdución ao RUGBY  para 1º e 2º de ESO.

Grazas Carla e Joel !!!  Foi un privilexio contar con vós e descubrir un pouquiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.



luns, 28 de xuño de 2021

RECREOS ACTIVOS E DINÁMICOS

Neste curso estamos a estrear algunhas zonas e recunchos para mellorar o nosos espazos e tempos de lecer.
O obxectivo é o preparar os epazos co fin de que o alumnado teña diferentes alternativas para realizar xogos e exercicios nos tempos libres. Deste xeito completamos con variedade de deportes a actividade física que inicialmente tan só se reducía á milla diaria.







 

sábado, 26 de xuño de 2021

MILLA DIARIA


 Como unha boa alimentación debe ir acompañada dun bo exercicio, comezamos a retomar a nosa milla diaria durante os recreos, o cal nos recorda que iso de "mente sá en corpo sá".

 


martes, 25 de maio de 2021

OBRADOIRO FAI CLICK AO TEU BOCATA

 Todo o alumnado de ESO,  separado por grupos tal e comorecomendan as circuntancias pandémicas que estamos a vivir,  participou no obradoiro FAI CLICK AO TEU BOCATA, unha actividade complementaria do programa Aliméntate Ben. Nel, no que aprenderon outra maneira de facer bocatas de xeito con produtos de mar e terra.



 

martes, 13 de abril de 2021

HORTO URBÁN NO IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ

Por iniciativa de Patricia Valdivieso, a profe de Francés, comezamos a planificar a creación dun pequeno horto urbán.

Este proxecto resultou tan atractivo, que foron moitas as que se sumaron a el, aportando cada persoa o seu granciño de area. O alumnado entusiasmado e  o profesorado que se uníu, procedía de materias ben variopintas, Automoción, Informática, Bioloxía...ata acabaron liando a Ángel da cafetería ou a Pepe, o conserxe da tarde...

O proceso foi máis longo do que podería parecer, escoller o lugar axeitado, o formato (ao final optouse por bancadas), as sementes, ferramentas...

Deixámosvos un resumo fotográfico dalgúns dos momentos máis importantes:

Peparando a terra:



Plantando:





O resultado dun bo traballo:


Por suposto a profe de francés aproveitou a actividade para traballar os nomes das plantas en francés, pero, dado que somos un centro Plurilingüe, decidiuse crear carteis cos nomes das plantas en varios idiomas, inglés, francés, español e galego.


A experiencia gustou tanto que para o ano haberá que ampliar o terreo cultivado 😊

mércores, 24 de marzo de 2021

APRENDEMOS A EMPREGAR A APP EL COCO (El Consumidor Consciente)

Neste curso ensinamos ao noso alumnado a manexar unha interesante aplicación  que ten como obxectivo fomentar un consumo mais consciente. 


                      

A calidade nutricional dos produtos de alimentación pode ser moi diferente do que contan os embalaxes e a publicidade.

Con ela aprendimos a escanear os códigos de barras dos produtos que cada  persoa da comunidade educativa elexíu con El CoCo para identificar os alimentos que realmente son bós para a nosa saúde.




martes, 9 de marzo de 2021

CONFIRMAMOS O ÉXITO NA ADQUISICIÓN DUN HÁBTO GRAZAS AOS NOSOS ALMORZOS SAUDABLES

Como era de esperar, un ano máis os almorzos saudables do Castro da Uz, son todo un éxito.

O noso alumnado demanda os pans locais, a ser posible en porcións tostadas, e con aceite de oliva virxe extra.

A froita tamén comeza a gustar, a media mañá refresca o noso corpo e cerebro.

Ao iogur non lle dicimos tampouco que non, especialmente se vén acompañado de arandos.

 


 

 

 






 

luns, 11 de xaneiro de 2021

ENQUISA HÁBITOS ALIMENTARIOS DO ALUMNADO IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ

 Este ano comezamos a traballar no proxecto de Hábitos de vida saudable partindo dunha enquisa realizada a todo o alumnado do centro.

Presentamos aquí os resultados da mesma.

Resultados enquisa


martes, 22 de decembro de 2020

LIXO- NATUREZA- CONCURSO DE FOTOGRAFÍA



Unha vez máis, escollemos un tema deses que nos fan reflexionar sobre a vida e o noso entorno, para o concurso de fotografía.


 
Tivemos a sorte de contar con fotografías realmente interesantes e que veñen a demostrar o grao de concienciación da nosa comunidade educativa.
 
Pero como isto era un concurso, tivemos que escoller, polo que as fotografías gañadoras foron: