Todo o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha excursión virtual incluída dentro do programa “TI SI QUE É UN BO PEIXE" da Consellería do Mar
Nesta actividade, que é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables, familiarizáronse co mundo do MAR coas seguintes actividades:
- Visionado dun vídeo con gafas 3D
- O marisqueo/Recoñecementos dos bivalvos expostos. Coa axuda de calibres aprenderon a medir o tamaño mínimo das diferentes especies e a importancia de cumprilo e respectalo.
- Coñeceron as diferentes artes de pesca e, empregando unha lona dun fondo mariño, descubriron o hábitat de cada especie .
- Recoñeceron a frescura dun peixe e simularon unha poxa...
Para rematar tiveron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe, e se lle entregou a cada neno e nena unha bolsiña con preparacións realizadas a base de peixe.