Marabillosa xornada de SURF a que tivemos na Praia de Chanteiro co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte.
Marabillosa xornada de SURF a que tivemos na Praia de Chanteiro co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte.
Todo o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha excursión virtual incluída dentro do programa “TI SI QUE É UN BO PEIXE" da Consellería do Mar
Nesta actividade, que é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables, familiarizáronse co mundo do MAR coas seguintes actividades:
Para rematar tiveron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe, e se lle entregou a cada neno e nena unha bolsiña con preparacións realizadas a base de peixe.
Neste comezo de curso, estiveron con nós Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira.
Levaron a cabo unhas divertidas sesións de promoción e introdución ao RUGBY para 1º e 2º de ESO.
Grazas Carla e Joel !!! Foi un privilexio contar con vós e descubrir un pouquiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.

Como unha boa alimentación debe ir acompañada dun bo exercicio, comezamos a retomar a nosa milla diaria durante os recreos, o cal nos recorda que iso de "mente sá en corpo sá".
Por iniciativa de Patricia Valdivieso, a profe de Francés, comezamos a planificar a creación dun pequeno horto urbán.
Este proxecto resultou tan atractivo, que foron moitas as que se sumaron a el, aportando cada persoa o seu granciño de area. O alumnado entusiasmado e o profesorado que se uníu, procedía de materias ben variopintas, Automoción, Informática, Bioloxía...ata acabaron liando a Ángel da cafetería ou a Pepe, o conserxe da tarde...
O proceso foi máis longo do que podería parecer, escoller o lugar axeitado, o formato (ao final optouse por bancadas), as sementes, ferramentas...
Deixámosvos un resumo fotográfico dalgúns dos momentos máis importantes:
Peparando a terra:

Plantando:


O resultado dun bo traballo:

Neste curso ensinamos ao noso alumnado a manexar unha interesante aplicación que ten como obxectivo fomentar un consumo mais consciente.
A calidade nutricional dos produtos de
alimentación pode ser moi diferente do que contan os embalaxes e a publicidade.
Con ela aprendimos a escanear os códigos de
barras dos produtos que cada persoa da
comunidade educativa elexíu con El CoCo para identificar os alimentos que
realmente son bós para a nosa saúde.
Como era de esperar, un ano máis os almorzos saudables do Castro da Uz, son todo un éxito.
O noso alumnado demanda os pans locais, a ser posible en porcións tostadas, e con aceite de oliva virxe extra.
A froita tamén comeza a gustar, a media mañá refresca o noso corpo e cerebro.
Ao iogur non lle dicimos tampouco que non, especialmente se vén acompañado de arandos.
![]() |
Este ano comezamos a traballar no proxecto de Hábitos de vida saudable partindo dunha enquisa realizada a todo o alumnado do centro.
Presentamos aquí os resultados da mesma.
Para sentirnos ben é preciso comer ben, facer exercicio e coidar o noso entorno.
Estamos convencidos e convencidas de que só coñecendo o que temos, podemos valoralo e aprender a coidalo.
O que comemos, o que respiramos, o que vemos, todo o que nos rodea é un mundo do que nos temos que sentir responsables na nosa medida. É por iso que decidimos realizar con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), unha inspección medioambiental dun río, neste caso tratouse do río Madalena ao seu paso por Vilalba.
Esta actividade enmárcase no Proxecto Ríos, financiado por Augas de Galicia. É unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
Estudamos a flora e fauna do río (vimos e aprendemos a distinguir un montón de invertebrados, peixes, anfibios...)
Examinamos a temperatura da auga, o seu PH, a súa concentración de nitratos...
E puidemos asegurar con satisfacción que se trata dun río en moi bo estado.
Teremos que pensar en investigar outros ríos e establecer un plan de limpeza...esperamos ter ocasión de facelo na vindeira primavera.