martes, 25 de maio de 2021
OBRADOIRO FAI CLICK AO TEU BOCATA
martes, 13 de abril de 2021
HORTO URBÁN NO IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
Por iniciativa de Patricia Valdivieso, a profe de Francés, comezamos a planificar a creación dun pequeno horto urbán.
Este proxecto resultou tan atractivo, que foron moitas as que se sumaron a el, aportando cada persoa o seu granciño de area. O alumnado entusiasmado e o profesorado que se uníu, procedía de materias ben variopintas, Automoción, Informática, Bioloxía...ata acabaron liando a Ángel da cafetería ou a Pepe, o conserxe da tarde...
O proceso foi máis longo do que podería parecer, escoller o lugar axeitado, o formato (ao final optouse por bancadas), as sementes, ferramentas...
Deixámosvos un resumo fotográfico dalgúns dos momentos máis importantes:
Peparando a terra:

Plantando:


O resultado dun bo traballo:

mércores, 24 de marzo de 2021
APRENDEMOS A EMPREGAR A APP EL COCO (El Consumidor Consciente)
Neste curso ensinamos ao noso alumnado a manexar unha interesante aplicación que ten como obxectivo fomentar un consumo mais consciente.
A calidade nutricional dos produtos de
alimentación pode ser moi diferente do que contan os embalaxes e a publicidade.
Con ela aprendimos a escanear os códigos de
barras dos produtos que cada persoa da
comunidade educativa elexíu con El CoCo para identificar os alimentos que
realmente son bós para a nosa saúde.
martes, 9 de marzo de 2021
CONFIRMAMOS O ÉXITO NA ADQUISICIÓN DUN HÁBTO GRAZAS AOS NOSOS ALMORZOS SAUDABLES
Como era de esperar, un ano máis os almorzos saudables do Castro da Uz, son todo un éxito.
O noso alumnado demanda os pans locais, a ser posible en porcións tostadas, e con aceite de oliva virxe extra.
A froita tamén comeza a gustar, a media mañá refresca o noso corpo e cerebro.
Ao iogur non lle dicimos tampouco que non, especialmente se vén acompañado de arandos.
![]() |
luns, 11 de xaneiro de 2021
ENQUISA HÁBITOS ALIMENTARIOS DO ALUMNADO IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
Este ano comezamos a traballar no proxecto de Hábitos de vida saudable partindo dunha enquisa realizada a todo o alumnado do centro.
Presentamos aquí os resultados da mesma.
martes, 22 de decembro de 2020
LIXO- NATUREZA- CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
venres, 13 de novembro de 2020
INSPECCIÓN RÍO MADALENA
Para sentirnos ben é preciso comer ben, facer exercicio e coidar o noso entorno.
Estamos convencidos e convencidas de que só coñecendo o que temos, podemos valoralo e aprender a coidalo.
O que comemos, o que respiramos, o que vemos, todo o que nos rodea é un mundo do que nos temos que sentir responsables na nosa medida. É por iso que decidimos realizar con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), unha inspección medioambiental dun río, neste caso tratouse do río Madalena ao seu paso por Vilalba.
Esta actividade enmárcase no Proxecto Ríos, financiado por Augas de Galicia. É unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
Estudamos a flora e fauna do río (vimos e aprendemos a distinguir un montón de invertebrados, peixes, anfibios...)
Examinamos a temperatura da auga, o seu PH, a súa concentración de nitratos...
E puidemos asegurar con satisfacción que se trata dun río en moi bo estado.
Teremos que pensar en investigar outros ríos e establecer un plan de limpeza...esperamos ter ocasión de facelo na vindeira primavera.
venres, 30 de outubro de 2020
SAMAIN E MAGOSTO
Unha festa como esta non podemos perdérnola!!!.
Como en edicións anteriores contamos con relatos de medo, cabazas decoradas e cestas de outono.
Pero o que nos ocupa agora é o que comemos e, como non podía ser doutro modo, ANPA Ronsel convidounos ás tradicionais e ricas castañas da nosa zona, que xunto cuns bolos preñados fabricados nunha panadería das Pontes, permitiu gozar dun Samain particular, con medidas un pouco estritas e distrubuidos por cursos en distintas franxas horarias en zonas.
Aquí vai unha pequena mostra do que nos deixou ese día.
mércores, 28 de outubro de 2020
Almorzos saudables 2020-2021
Damos comezo a un novo curso 2020-2021 saudable!!!
Neste novo curso non podemos esquecer máis que nunca, que unha boa alimentación e exercicio físico, son as bases para poder conbatir ao Coronavirus con todas as nosas forzas.
Elena xa nos sacou fóra do centro a facer algunha camiñata na hora de Educación Física.
Agora toca retomar os almorzos saudables: Pan artesán, aceite de oliva virxe extra, froita..., menudo éxito están tendo estes produtos sans e fabricados na medida do posible en local ou polo menos no noso país.
xoves, 30 de abril de 2020
EXERCICIO NA CASA
martes, 3 de marzo de 2020
CHANZOS FALADEIROS: IMOS VER COMO QUEDARON!!!

domingo, 16 de febreiro de 2020
OBRADOIRO CONSELLERÍA DO MAR: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
O alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.
Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.
Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.
A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.
O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, especialmente, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.
luns, 3 de febreiro de 2020
CONCURSO ELABORACIÓN DE CREPES
O 2 de febreiro e o día da Candelaria, tamén coñecida polo seu nome
orixinal no francés Chandeleur. Nesta festa pertencente ao país galo acéndense
velas (Chandelles) nas casas e cómense crêpes en familia o entre amigos.... E para conmemoralo, os nosos alumnos
convertéronse en excelentes cociñeiros.
Coñeceron as propiedades nutricionais a la vez que pasaron un rato moi divertido.










































