Como xa vos contamos, a nosa idea era decorar os chanzos do noso insti con frases que reflictiran as ideas que foron xurdindo ante unha pregunta moi sinxela "Que podo facer eu para cuidar o meu planeta?" 
Despois de seleccionar as propostas de toda a comunidade educativa, decidimos dar un paso máis e, posto que somos un centro plurilingüe, traballamos a tradución das mesmas ao Inglés e o Francés. 






