Este curso retomamos con moito interese por parte do alumnado os almorzos saudables nos recreos.
Os produtos máis demandados son: pan artesán, aceite de oliva virxe extra, tomate, aguacate, iogur, arandos, cereais, froita de tempada..., en fin, aceptamos todas aquelas propostas sans que nos facía calquera membro da comunidade educativa. Ademais seguimos a insistir no consumo de produtos locais ou polo menos do país.
Xa temos comprobado despois de todos estes anos, que a mellor maneira de crear un hábito nos almorzos é realizándoos a diario.
Este ano seguimos a buscar formas diversas e creativas de consumir a froita, polo que o alumnado optou por preparar ricas macedonias; brochetas; batidos de froitas ás que en ocasións engadían cereais, leite fresco ou iogur; crêpes, ás que engadían tamén froitas, queixo; tostas con aceite, tomate e aguacate, etc.