venres, 26 de maio de 2023

ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS FORA DO CENTRO

XORNADAS DE SURF E PADDEL SURF

Comezamos o curso cunha agradabe xornada de iniciación e perfeccionamento ao SURF para todo o alumnado de ESO. Estivemos nas praias de Esmelle e O Vilar.

Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte!!!

 



Na Praia de Santa Cristina,  gozaron cunhas clases de Iniciación ao PADDEL SURF nas que aprenderon as técnicas de remada, posicionamento na tabla, na ola e a realizar xiros e surfear coa axuda do remo.

martes, 23 de maio de 2023

ROTEIROS INTERDISCIPLINARES: ROTEIRO MATEMÁTICO E INSPECCIÓN RÍO SOMEDE

ROTEIRO MATEMÁTICO

O alumnado de ESO gozou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.

Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.

O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros).  Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso dos bancos de pedra da praza da igrexa.

                                

A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e a estatua de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila.

Logo fixeron un paseo relaxante ata o encoro da Ribeira,  e despois de cruzar á outra beira do río comezou a observación do medio natural.

Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego do Inferno coñecendo algúns, un novo atractivo do seu concello.

E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido bingo no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas aromáticas, animais predadores e moito máis...



ROTEIRO E INSPECCIÓN DE RÍO- FERVENZA DE SOMEDE

Esta fermosa ruta polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como obxectivo realizar unha inspección e análise da auga do río e traballar o aprendido nas aula con respecto ás técnicas de análise xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos rurais.

A idea é aunar as aprendizaxes das diferentes áreas e materias ao tempo que realizamos exercicio físico

 


luns, 15 de maio de 2023

CHARLAS DE ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

 

Despois de detectar moita inquietude, algún comportamento pouco saudable e moitas ganas de saber máis sobre alimentación saudable, decidimos recurrir a unha persoa que sabe moito do tema, Conchi Fernández, especializada en TCA, trastornos da conducta alimentaria, que  impartiu ao alumnado de ESO unha charla fundamental sobre alimentación e nutrición.

Podedes seguir a Conchi en: https://midietaesmia.com/